« Novas

O XXI Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres premia o restaurante Paz Nogueira

07/10/2026 — 0 Comentarios

O XXI Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres premia o restaurante Paz Nogueira

A Fundación Amigos de Galicia, en colaboración co Concello do Grove fallou este mércores na Sala das Cunchas o XXI Premio Europeo de Gastronomía Tradicional Lola Torres, un galardón de extensa traxectoria que debe ao seu nome a unha cociñeira do municipio que fundou no ano 1951 o restaurante Finisterre, onde fixo famosos pratos como o asado xacobeo con terneira ou a merluza ó albariño entre tantos outras elaboracións que crearon escola. A título póstumo, no ano 2022 foi recoñecida
co Premio Álvaro Cunqueiro pola súa labor gastronómica. E aí naceu o prestixioso galardón que hoxe leva o seu nome. 

Este ano o xurado decideu recoñecer co Lola Torres ao restaurante compostelán Paz Nogueira, fundado no barrio do Castiñeiriño en 1840. A traxectoria do establecemento atravesa seis xeracións da mesma familia, e foi escollido polo seu extraordinario percorrido na conservación, promoción e transmisión da cociña tradicional galega, e tamén pola continuidade da tradición familiar.

Tanto o presidente de Amigos de Galicia, Ramiro Varela, como Rafael Mourelos, representando á familia de Lola Torres felicitaron ao Concello do Grove pola celebración da Festa do Marisco e pola súa posta en valor dos produtos das rías.

Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar