Degustación

Na zona de Degustación poderás probar os produtos máis emblemáticos do Grove preparados ao momento: navallas á prancha, mexillóns ao vapor, zamburiñas, polbo á feira, berberechos ou un bo arroz de marisco. Propostas sinxelas, produto fresco e o sabor do Atlántico como protagonista.

Entre os produtos máis destacados

Navallas á prancha

Ingredientes

  • Navallas frescas
  • Fío de aceite de oliva
  • Sal en escamas

Preparación

  1. Limpar ben as navallas con abundante auga.
  2. Quentar a prancha ao máximo.
  3. Colocar as navallas cun pouco de aceite e sal.
  4. Pasar un par de minutos por cada lado ata que abran.
  5. Servir inmediatamente.

Arroz de Marisco

Ingredientes

  • Arroz redondo
  • Fumé de peixe
  • Sepia en dados
  • Calamar en aneis
  • Berberechos
  • Marisco fresco (gambas, ameixas)

Preparación

  1. Preparar un bo fumé de peixe como base.
  2. Refogar cebola, pemento e allo nunha pota ampla.
  3. Engadir a sepia e o calamar; saltear lixeiramente.
  4. Incorporar o arroz e nacaralo.
  5. Botar o fumé quente e cociñar a lume medio.
  6. No último tramo, engadir o marisco e os berberechos.
  7. Deixar repousar uns minutos antes de servir.

Mexillón ao Vapor

Ingredientes

  • Mexillóns da ría
  • Follas de loureiro

Preparación

  1. Colocar unhas follas de loureiro no fondo da pota.
  2. Engadir os mexillóns lavados.
  3. Poñer a pota ao lume forte.
  4. Cocer ata que os mexillóns se abran.
  5. Servir quentes no seu propio zume.

Zamburiñas á prancha

Ingredientes

  • Zamburiñas frescas
  • Sal
  • Aceite de oliva

Preparación

  1. Quentar a prancha ao máximo.
  2. Colocar as zamburiñas coa cuncha cara arriba.
  3. Deixar medio minuto e darlles a volta.
  4. Botar un fío de aceite e sal.
  5. Retirar cando o aceite comece a ferver.
  6. Acompañar cun albariño frío.

Polbo á Feira

Ingredientes

  • Polbo fresco
  • Patacas cocidas
  • Sal groso
  • Pementón doce ou picante
  • Aceite de oliva virxe extra

Preparación

  1. “Asustar” o polbo (meter e sacar da pota con auga fervendo 3 veces).
  2. Cocer ata que estea tenro.
  3. Cortar en rodaxas finas.
  4. Colocar sobre patacas cocidas.
  5. Aliñar con sal, pementón e aceite de oliva.

Bo proveito. A zona de Degustación é o corazón da festa: produtores, mariscadores, cociñeiros, dependentes e demais persoal traballan sen descanso para que o produto chegue perfecto á túa mesa. Goza, comparte e déixate levar polo sabor do Grove.

Máis información