Política de cookies
Que son as cookies?
As cookies son pequenos arquivos que un sitio web garda no teu navegador para lembrar información sobre a túa visita.
Cookies que utiliza este sitio web
| Nome | Titular | Finalidade | Duración |
|---|---|---|---|
| FM_SID | Propia | Técnica: mantén a sesión de navegación, lembra o idioma e protexe os formularios. | Ata pechar o navegador |
| cookie_consent | Propia | Técnica: garda a túa elección sobre as cookies. | 1 ano |
| pedido | Propia | Técnica: garda os produtos que engades á lista da carta para xerar o código QR. Só se crea se engades algún. | 24 horas |
| loading | Propia | Técnica: evita repetir a pantalla de carga da portada. | 5 minutos |
| _ga, _ga_740PKJTCSP | Google Ireland Ltd. (Google Analytics) | Analítica: estatísticas de uso da web. Só se instalan se as aceptas. | 2 anos |
As cookies técnicas son necesarias para o funcionamento do sitio e non requiren consentimento. As analíticas só se activan se as aceptas no aviso de cookies.
Ademais, a web garda no almacenamento local do teu navegador dúas marcas sen datos persoais (fm_carta_aviso e mapaPista) para non volver amosarche as explicacións da carta e do mapa da app. Non saen do teu dispositivo.
Servizos de terceiros
Dous contidos ofrécenos outras empresas, que instalan as súas propias cookies: o mapa de Google Maps da Zona interactiva (Google) e o muro de Instagram da páxina de fotos (Curator.io). Non se cargan ata que os aceptas: no seu lugar verás un aviso cun botón para cargalos esa vez ou permitilos sempre.
Para amosar tipografías, iconas, mapas e a cámara en directo, algunhas páxinas descargan tamén recursos de Google Fonts, cdnjs (Cloudflare), jsDelivr, OpenStreetMap, Esri (ArcGIS) e a CRTVG, que reciben o teu enderezo IP para enviarche o contido e se rexen polas súas propias políticas de privacidade.
Estatísticas propias sen cookies
Para saber que partes da web e da app se visitan, contamos as visitas nós mesmos, sen cookies e sen gardar o teu enderezo IP nin os datos do teu navegador. Máis detalles na Política de privacidade.
A app para visitantes
A app (app.festadomarisco.es) só usa a cookie técnica FM_SID. Non usa Google Analytics nin cookies de terceiros.
Como xestionar as cookies
Podes cambiar a túa elección en calquera momento desde a ligazón «Preferencias de cookies» do pé de páxina. Se retiras o permiso para as cookies analíticas, bórranse as de Google Analytics. Tamén podes bloquear ou eliminar as cookies desde a configuración do teu navegador; se bloqueas as técnicas, algunhas funcións, como a lista da carta, poden deixar de funcionar.
Máis información
Para calquera dúbida, consulta a Política de privacidade ou escribe a rexistro@concellodogrove.es.
Última actualización: setembro de 2026.
Galego
Castelán
Inglés
Francés
Portugués