« Novas

Presentación do libro “Formar para Servir”

03/10/2026 — 0 Comentarios

Presentación do libro “Formar para Servir”

Dentro da programación da Festa do Marisco tivo lugar a presentación do libro do grovense Miguel Otero “Formar para servir”, que foi un éxito de convocatoria, dada a importancia da hostalería na localidade. A obra, afonda no aspecto da sala. O autor, que traballa nas Canarias formando a camareiros e profesonais de sala, relatou ao público as súas vivencias, para logo presentar os dous volumes da obra. Falou Otero das súas raigames, da escola que foi para os hostaleiros o Gran Hotel da Toxa e de centos de anécdotas, que tamén formaban parte das lembranzas dos asistentes.

O primeiro volume do libro, que recolle a esencia do traballo diario na sala, tal e como subliña Otero, fala de técnicas, procedementos ou atención ao cliente entre moitos aspectos, e está pensado para comprender e ordear o traballo. O segundo, aborda a
xestión, dirección, recursos humanos, ou mesmo a tecnoloxía aplicada ao servizo. Unha obra dirixida a mellorar a eficiencia no traballo. Unha obra que nace, a fin de contas do oficio, que iniciou dende ben xove na súa vila natal, O Grove, e que segue a desenvolver ensinando nas illas Canarias.

Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar