« Novas

O artista local Diego Vites firma o cartel da Festa do Marisco 2027

10/10/2026 — 0 Comentarios

O artista local Diego Vites firma o cartel da Festa do Marisco 2027

O Concello do Grove presentou este sábado o cartel da próxima edición da Festa do Marisco, a número sesenta e catro, firmada polo artista local Diego Vites, quen sinalou ter asumido o encargo con moita ilusión e tamén como un reto. 

A obra é unha imaxe construida no taller, na que recrea o ambiente típico da taberna popular, onde o artista pensa que foi realmente o xerme da Festa do Marisco. É ademais unha atmósfera que lle interesa, porque era un lugar onde se facía moita produción escultórica popular con restos de marisco ou restos de aparellos, algo que aparece reflexado no propio cadro, onde tamén se aprecia a centola coa cunca de viño e un prato de ameixas. 

Vites inspirouse ademáis para dar forma á peza, na colección de postais antigas de Jose Luis Saez, unha desas imaxes aparece recollida no fondo do cadro. Decidiu fuxir do dixital, pero utilizar a tipografía Fontoira, creada por Rubén Prol e Lino Prieto e inspirada nos bocetos orixinais do mariñeiro Ricardo Fontoira, que complementa á obra. Para a maquetación contou coa compañeira Sol Álvarez, quen axudou na construcción do afiche.

O alcalde Jose Cacabelos e a concelleira de Turismo, María López presentaron o cartel fronte á estatua da familia mariscadora, na Praza do Corgo, xunto co artista, e ante o aplauso e recoñecemento do público que alí se congregou. 

Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar