« Novas

A Festa do Marisco protagoniza o Cupón da Once do 5 de outubro

30/09/2026 — 0 Comentarios

A Festa do Marisco protagoniza o Cupón da Once do 5 de outubro

O Concello do Grove presentou este mércores un cupón especial da Once que levará a imaxe da Festa do Marisco por toda España. A colaboración coa entidade permitirá que a cita gastronómica esté presente en cinco millóns de boletos, o que supón unha moi boa publicidade do evento, segundo explicou a Conselleira de Turismo, María López “é unha promoción bestial”. 

O cupón está ilustrado cunha fotografía de produto da propia cita, “supón levar por todo o país o nome da Festa e a imaxe do produto”. 

É a segunda vez que a Festa do Marisco está presente nun cupón conmemorativo da ONCE, a primeira vez foi no ano 2006, segundo explicou Eloy Hermelo, director do centro na provincia de Pontevedra, que sinala que a organización “busca o equilibrio entre a proximidade e ver o impacto que poida ter a ONCE a nivel global”, dixo ante a presenza do alcalde José Cacabelos e do equipo de vendedores na localidade, subliñando o seu bo traballo durante todo o ano.

O Concello invita a mercar un dos boletos para participar do sorteo que se celebrará o 5 de octubre, animando a todos a visitar a Festa do Marisco, que arrincará nunhas horas.

Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar