« Novas

Catrocentas persoas participan na XXV Carreira Popular Festa do Marisco

27/09/2026 — 0 Comentarios

Catrocentas persoas participan na XXV Carreira Popular Festa do Marisco

A XXV Carreira Popular do Marisco conseguiu reunir este domingo no Grove a 400 corredores, nunha xornada marcada polo deporte e polo ambiente festivo no municipio. Deste xeito, a proba mantén así a súa capacidade de convocatoria e consolídase como unha das citas deportivas imprescindibles no calendario deportivo galego. Nesta edición, a Carreira do Marisco contou coa presenza de atletas de referencia como Sandra Mosquera e Soledad Castro, que non quixeron faltar a esta cita.

A carreira absoluta comezou con puntualidade no Paseo de Beiramar, onde o público se achegou para seguir a competición e animar aos participantes. O ceo mantívose cuberto durante boa parte da mañá e a choiva apareceu posteriormente, especialmente durante as probas das categorías inferiores. A meteoroloxía non impediu, con todo, que os asistentes ó evento desfrutasen da xornada.

Na categoría absoluta masculina, Amadeo Abal, do C.D. Atletismo Surco Lucena, foi o primeiro en cruzar a liña de meta. Anxo Bello, do Atletismo Narón, foi segundo, mentres que Hugo García, do Atletismo Portugalete, ocupou a terceira posición.

Na categoría absoluta feminina, a vitoria foi para Ángela González, do Comesaña Sporting Club. Sara Castillo, do Club Atletismo Feminino Celta, foi segunda, e Natalia Castro, do Oysho-Vicky Foods Athletics, completou o podio.

Con esta nova edición, a Carreira do Marisco pecha unha nova xornada deportiva cunha elevada participación, reunindo cada ano a corredores de diferentes procedencias e de todas as idades.



Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar