« Novas

Inscricións abertas para a Carreira Popular Festa do Marisco

25/08/2026 — 0 Comentarios

O domingo, 27 de setembro, terá lugar a vixésimo quinta edición da Carreira Popular Festa do Marisco. Organizada polo CD Ría de Arousa do Grove e o Concello do Grove, a carreira absoluta parte da zona do Parque de Confín, no paseo marítimo de Beiramar, e combina tramos de terra e asfalto ao longo dos seus 10 kilómetros de percorrido. Así mesmo, celebraranse diferentes probas adaptadas aos participantes de menor idade. 

Aquelas persoas que desexen inscribirse, poderán realizalo no seguinte enlace de www.carreirasgalegas.com.

As inscricións estarán dispoñibles ata o 23 de setembro ás 23:59h. A recollida de dorsais poderá realizarse o sábado, 26 de setembro, de 16:00 a 18:00h. na Sala das Cunchas, situada na planta baixa do Concello, ou o propio domingo 27 na zona da saída entre as 8:00 e as 9:30h. Os dorsais das carreiras de menores poderanse recoller ata as 11:30h.


Comentarios

Aínda non hai comentarios para esta nova

Sé o primeiro en comentar