« Novas
Cartel 2026
30/12/2025 — 1 Comentarios
O cartel oficial da Festa do Marisco 2026, unha obra do artista grovense Pablo Ozores, coñecido como Pablo Ozo, que marca un xiro visual respecto ás edicións anteriores. A elección do creador foi directa, despois de que o tradicional concurso de carteis quedase deserto.
A ilustración racha por completo coa liña estética habitual da festa, apostando por unha imaxe con forte carga simbólica e personalidade propia. As mans das mariscadoras ocupan o primeiro plano como homenaxe ao seu labor esencial, mentres que no fondo emerxen os arcos da lonxa do Grove, como conexión co territorio e coa tradición mariñeira.
O artista mantén o seu estilo inconfundible, pero adaptado ao encargo institucional, ofrecendo un cartel que destaca pola súa forza visual e pola ruptura co habitual, abrindo unha nova etapa na imaxe gráfica da festa.
Na presentación participaron o alcalde José Cacabelos e a concelleira de Turismo María López, que destacaron a calidade artística do cartel e a súa capacidade para representar a esencia do Grove desde unha perspectiva diferente.


Comentarios
Carmen
14/04/2026
Muchas ganas de ir este año
Galego
Castelán
Inglés
Francés
Portugués